Non hai medo do que fuxan os teus encantos,
non hai dor que non sucumba ao teu silencio,
non hai pedra que non levantes coas túas letras,
cos teus ollares,
coas túas mans.
Ninguén é libre cando ti rondas,
ninguén foxe porque non pode,
ninguén morre cando ti falas,
escribes, ou medras.
Todos queren ficar no teu mundo de tebras,
todos buscan nos teus ollos,
todos perden cando chegas,
pero quedas,
e ti non marchas,
e todo o envolves,
e pra ti quedan,
os meus ollares e os meus beizos,
que ti esmagas,
derrumbas,
desprezas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario