Powered By Blogger

11 de febrero de 2013

.

Non hai medo do que fuxan os teus encantos,
non hai dor que non sucumba ao teu silencio,
non hai pedra que non levantes coas túas letras,
cos teus ollares,
coas túas mans.

Ninguén é libre cando ti rondas,
ninguén foxe porque non pode,
ninguén morre cando ti falas,
escribes, ou medras.

Todos queren ficar no teu mundo de tebras,
todos buscan nos teus ollos,
todos perden cando chegas,
pero quedas,
e ti non marchas,
e todo o envolves,
e pra ti quedan,
os meus ollares e os meus beizos,
que ti esmagas,
derrumbas,
desprezas.

.

Cos teus ollares golpeas as miñas portas,
protexidas dos teus cantos preguizeiros.
Tremen as ventás, e perdo todo polo que loito,
pero resisto.
E non caen,
E fican paradas,
E a tormenta torna ao seu curruncho de tebras.
Mentres, meu corazón inquedo, espera que volte o mal tempo,
pois a calma non é resposta.
Pois sen ti,
so ai baleiro.