Powered By Blogger

1 de diciembre de 2013

.

Qué fixen que fuxes?
Que pasas, non miras.

Qué queda se marchas?
Que nada,
respiras?

Qué pasa?
 Xa dixen que fuxes e marchas mirando que nada respiras?


30 de noviembre de 2013

.

Deixame,
buscar contigo,
as feridas que nos curen a soidade.

Rompe
o meu corazón,
e cúrame con tinta de cobre.

Cúspe,
cos teus ollos,
lévame arrastro.

Mátame,
con sinais de STOP,
e cose os meus dedos ás túas bágoas.

Deixa,
que te leve,
e deixame levarme.

Non me apartes,
con miradas de inhóspito deserto.

Non me negues,
o espanto de visións imaxinadas.

11 de febrero de 2013

.

Non hai medo do que fuxan os teus encantos,
non hai dor que non sucumba ao teu silencio,
non hai pedra que non levantes coas túas letras,
cos teus ollares,
coas túas mans.

Ninguén é libre cando ti rondas,
ninguén foxe porque non pode,
ninguén morre cando ti falas,
escribes, ou medras.

Todos queren ficar no teu mundo de tebras,
todos buscan nos teus ollos,
todos perden cando chegas,
pero quedas,
e ti non marchas,
e todo o envolves,
e pra ti quedan,
os meus ollares e os meus beizos,
que ti esmagas,
derrumbas,
desprezas.

.

Cos teus ollares golpeas as miñas portas,
protexidas dos teus cantos preguizeiros.
Tremen as ventás, e perdo todo polo que loito,
pero resisto.
E non caen,
E fican paradas,
E a tormenta torna ao seu curruncho de tebras.
Mentres, meu corazón inquedo, espera que volte o mal tempo,
pois a calma non é resposta.
Pois sen ti,
so ai baleiro.