Powered By Blogger

28 de abril de 2014

Contigo ou sen ti.

Son contigo e son sen ti,
máis cando faltas agardo.
Agardo polos teus ollos,
e fuxo do teu fermoso pranto.
Máis non hai noite sen ollos,
máis non hai xemido sen ti.
Meu corazón agarda os reconditos ollares do teu peito,
mentres provocas ruxidos de arrepentimento.
Non podo controlar as miñas bágoas,
nin podo borrar as túas.

Pero podo, o teu carón, levar nas miñas costas, as túas rúas.